Luns - 06.Febreiro.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



O CONCELLO DE MESÍA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE VERÁN, QUE COMEZAN O 5 DE XULLO

recomendar o contido a un amigo

A piscina municipal é o epicentro das actividades de verán16-6-2010.- O Concello de Mesía non descansa tampouco no verán e este ano reforza a súa programación estival cunha completa oferta deportiva e cultural lúdica para os meses de xullo e agosto. O obxectivo é que os veciños se sigan poñendo en forma e divertindo do mesmo xeito que coas actividades de inverno, co engadido extra do exercicio ao aire libre e, presiviblemente, con bo tempo.

A programación foi deseñada para que todos os sectores de idade atopen propostas do seu interese. Deste xeito, para os máis pequenos da casa organízanse clases de natación, campamentos de verán, o "Mundialiño de fútbol 2010", ou os xa habituais campus de tenis.

Na programación xuvenil, destaca a saída de multiaventura ao albergue de Santa Cruz, unha saída ao cine e un obradoiro de bisutería como propostas puntuais, ademais das diversas propostas con periodicidade estable durante o estío.

Para a poboación adulta, volven as clases de tenis, a ximnasia acuática, o aeróbic, a ximnasia de mantemento e o cachibol. Para quen desexen un chisco menos de axitación, haberá propostas culturais como un obradoiro de cadros modernos.

Actividades puntuais
A programación incrementa tamén este ano o número de xornadas con actividades puntuais, como o paseo en bicicleta polas Brañas da Valga, a quinta edición do Torneo de Tenis, o Domingo Deportivo ou a Festa da Auga. Trátase de actividades pensadas para todos a veciñanza, ben como participantes directos ben como espectadores.

Asimesmo, ás excursións fóra do municipio (ao parque acuático de Cerceda, á praia ou a Santiago de Compostela en peregrinación) súmanse saídas no interior do concello, como a que suporá a estrea da primeira ruta de sendeirismo homologada do Concello de Mesía, que discorre polas parroquias de Visantoña e de Olas. Esta actividade terá lugar o 17 de xullo.

Dúas quendas nos campamentos e ximnasia os xoves
Cómpre destacar tamén que este verán hai dúas quendas de quince días cada unha nos campamentos, que abranguen todo o mes de xullo. A intención é que todos os pais e nais poidan traballar sabendo que os seus fillos están en boas mans, disfrutando, entretidos e á vez aprendendo.

Por outro lado, tamén é reseñable que o concello atendeu a petición cidadá de proseguir coas clases de ximnasia durante o verán. Por iso, quen queira seguir manténdose en forma terá unha hora de ximnasia cada xoves.

Inscrición ata o 30 de xuño e inicio o 5 de xullo
O prazo para anotarse nas actividades está xa aberto e remata o día 30 de xuño.

Para anotarse hai que acudir á Casa da Cultura, ou chamar ao teléfono 981 68 72 41 para aquelas actividades que sexan gratuítas. Neste teléfono tamén se pode consultar calquera dúbida sobre as distintas actividades. Tamén vos podedes inscribir mandando a seguinte folla de inscricón ao correo electrónico casadacultura@concellodemesia.es ou por fax ao seguinte número: 981 68 70 69. Se chamades ao 981 687 241 ou mandades un correo ao enderezo antes citado darémosvos o número de conta no que poderedes ingresar a contía das actividades. Teredes que enviar tamén por correo electrónico ou por fax unha copia do xustificante de pagamento.

As saídas á praia xestiónanse directamente no Departamento de Servizos Sociais (teléfono 981 68 72 38).

Tras a fase de inscrición, o inicio das actividades está previsto para o día 5 de xullo. O remate será o 30 de agosto.

Descontos e preferencia
As persoas empadroadas no concello terán preferencia en todas as actividades sobre as non empadroadas. Ademais estas últimas terán que pagar tres euros (3€) a maiores por actividade ou suma de actividades.

O concello tamén estableceu un 25% de desconto nas actividades para os integrantes de familias numerosas que o acrediten de forma documental. Os prezos de cada actividade están indicados no folleto.

Apertura da piscina o 25 de xuño
Ademais da organización das actividades de verán, o concello traballa xa desde hai unhas semanas na posta a punto da piscina municipal para a súa apertura. O inicio de tempada está previsto para o 25 de xuño. A entrada será de balde e o horario vai de doce do mediodía a nove do serán (12:00-21:00 horas).

A piscina e as demais instalacións deportivas do complexo da Mata (Xanceda) estarán dispoñibles durante o verán para seren utilizadas nos horarios en que non estean reservadas para a programación. O concello lembra que serán de obrigado cumprimento as normas de uso indicadas nas propias instalacións, ás que, sobre todo nas xornadas de calor, acoden centos de persoas.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,055
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador