Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



DIVERSIÓN E APRENDIZAXE NO CAMPAMENTO MUNICIPAL DE VERÁN

recomendar o contido a un amigo

Saída ao Aquapark16-07-2010.- Un verán máis os/as rapaces/as do Concello de Mesía e incluso doutros concellos limítrofes puideron pasar 15 días entretidos e divertidos no campamento urbano que se organizou para cativos con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. Houbo dous grupos, un de 4 a 8 anos e outro de 9 a 16. En total foron 40 os inscritos. O horario do campamento foi de 10:00 a 14:00 horas e os lugares dependeron un pouco da climatoloxía, de xeito que estiveron na piscina e campo de fútbol os días de sol e no pavillón de Xanceda e na casa da cultura os días de chuvia ou nubrados.

Nesta quincena fixéronse distintos xogos (de presentación, socialización, deportivos, xogos populares) e relacionados con distintos temas como puido ser o circo romano. Tamén houbo distintos obradoiros de manualidades onde se fixeron pulseiras, marcapáxinas, marcos de foto, bonecos, etc. Outro día estivo adicado a actividades de multiaventura e xogos inchables. Os días en que o tempo acompañou os/as cativos/as puideron á última hora meterse na piscina e refrescarse un pouco.

Cabe mencionar tamén as distintas saídas que se fixeron, unha ás Brañas da Valga en Visantoña onde os/as nenos/as  puideron estudar a flora e fauna do contorno. Outra o venres 9 de xullo ao Aquapark e por último o día 16 ao cine. Estas últimas dúas saídas foron para todas as persoas interesadas, chegando así a ter 100 participantes na saída ao Aquapark e 70 para o cine.

O Concello de Mesía pretende con este programa que os pais e nais poidan conciliar mellor a súa vida laboral e familiar neste período de vacacións para os seus fillos. Á vez, o obxectivo é que os rapaces pasen unhas horas entretidas e divertidas da mellor maneira posible. A boa acollida destas propostas fai que ano tras ano medre a demanda e que os participantes repitan a experiencia.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador