Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



VOLVEN AS SAÍDAS Á PRAIA CO CONCELLO, NOVE EN XULLO E AGOSTO

recomendar o contido a un amigo

3-6-2010.- O Concello de Mesía retoma nos meses de xullo e de agosto o programa de saídas á praia estreado o pasado verán. As viaxes, en autobús, terán lugar todos os xoves de cada un destes meses: 1, 8, 15, 22 e 28 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto.

Os interesados en inscribirse deben acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Mesía. Cómpre lembrar que, tras a entrada en funcionamento da ampliación da casa consistorial, as dependencias desta área atópanse agora na Casa do Concello.

A participación ten un custo de 10€ por persoa cada mes de asistencia. As saídas programáronse de xeito que o autobús partirá do municipio ás once da mañá, con paradas distribuídas polas parroquias de Cumbraos, Lanzá, Xanceda, Mesía e Visantoña para que poidan acudir a maior cantidade de persoas posible. O regreso prevese para arredor das sete da tarde.

O concello non fixou ningún límite de idade para participar nestas viaxes. De todas formas, os menores de idade terán que presentar unha autorización asinada polos seus pais ou titores legais. Ademais, os menores de 14 anos terán que ir acompañados dun adulto. Ofrécese máis información no teléfono 981 68 72 38.

O programa de saídas á praia foi estreado con grande éxito o pasado verán. Na comarca de Ordes, trátase dunha iniciativa pioneira do concello de Mesía que non tardaron en imitar outros concellos. O obxectivo do programa é facilitarlle o acceso ás praias aos veciños que carecen de vehículo propio ou de permiso de conducir, ou que aínda téndoos prefiren non conducir durante tanta distancia e, por seguridade e comodidade e mesmo por prezo, prefiren ir no autobús. De feito, unha proporción considerable dos usuarios o pasado verán foron avós acompañados polos seus netos.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,052
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador