ANÚNCIASE A EXPOSICIÓN PÚBLICA DO EXPEDIENTE DE AMPLIACIÓN DO CEMITERIO PARROQUIAL DE LANZÁ
11-10-2011.- O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio polo que se somete a exposición pública o expediente relativo
á solicitude de licenza para "Ampliación do cemiterio parroquial de San
Mamede de Lanzá" no lugar da Igrexa, presentada pola Asociación de Veciños de Lanzá.
Esta exposición pública efectúase en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. A publicación do anuncio terá lugar no BOP, no DOG e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. O prazo de exposición pública será de vinte días, que contan a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio.
O expediente estará a disposición do público na Secretaría do Concello, durante as horas de oficina, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola activdade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.