Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



VECIÑOS DE MESÍA COÑECEN A ACTIVIDADE MARIÑEIRA EN LIRA (CARNOTA) A TRAVÉS DUN PROGRAMA DA CONSELLERÍA DO MAR

recomendar o contido a un amigo
Na Casa de Pepe do Cuco04-10-2011.- Os veciños de Mesía aproveitaron as 50 prazas dispoñibles no programa 'Mar Achega' da Consellería do Mar para acudir a coñecer, na xornada de hoxe martes, a actividade mariñeira na localidade de Lira (Carnota), emblema da Costa da Morte.

O obxectivo do proxecto "Mar Achega é precisamente amosar á poboación do interior o sistema de extracción e primeira venda de pescado e marisco nas lonxas galegas.

Os veciños saíron en autobús á primeira hora da mañá, con paradas nas parroquias de Cumbraos, Lanzá, Xanceda, Mesía, Visantoña e Olas. Sobre as 9:30 horas chegaron a Lira, onde presenciaron unha simulación dunha poxa na lonxa, para despois coñecer a zona de marisqueo do percbe en visita guiada.

O xantar incorporou produtos do mar e diferentes alimentos con certificado de calidade, como pan, queixo, viño, pementos... Tras comer, asistiron aos preparativos para a poxa e visitaron a Casa de Pepe do Cuco, unha casa mariñeira con exposicións e material relacionados co mundo do mar.

A expedición regresou a última hora da tarde a Mesía. A saída foi gratuíta para os participantes, ao abeiro do programa da Consellería do Mar.

A galería de fotografías da viaxe pode consultarse prem
endo aquí. 
ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador