Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



VECIÑOS DE MESÍA PERCORREN A COMARCA DAS MARIÑAS NUNHA SAÍDA DE SENDEIRISMO ORGANIZADA POLO CONCELLO

recomendar o contido a un amigo
Na Ría do Burgo28-11-2011.- Arredor de quince persoas participaron na saída de sendeirismo pola comarca das Mariñas organizada polo Concello de Mesía este sábado 26 de novembro. O percorrido tivo a orixinalidade de incluír un desprazamento en tren, desde a estación de Curtis ata o punto de inicio da andaina, na estación de Cambre.

Unha vez que un dos primeiros trens da mañá os deixou en Cambre, os sendeiristas percorreron a pé os máis de quince quilómetros de distancia ata o centro da Coruña. A andaina transcorreu pola beira do río Mero, no paseo fluvial entre Cambre e A Barcala ata a localidade do Burgo, xa no concello de Culleredo. Continuaron polo paseo marítimo na Ría do Burgo.

A parada para comer e repoñer forzas tivo lugar nas Xubias. A primeira hora da tarde entraron na Coruña pola zona do porto. As visitas, sempre a pé, sucedéronse polos Xardíns de Méndez Núñez, A Mariña, a Praza de María Pita e a Rúa Real.

Dentro do tempo libre co que contaron os camiñantes durante a tarde, unha parte do grupo decidiu retornar á estación de tren da Coruña dando un rodeo ata a Torre de Hércules e, tras visitaren o monumento Patrimonio da Humanidade, voltaron polo paseo marítimo na zona de Riazor.

A volta a Curtis foi tamén en tren, cun vagón case en exclusiva para os participantes nesta actividade. No traxecto de volta comentaron a experiencia e xa comenzaron a pensar en organizar unha actividade similar.

O tempo acompañou con sol e temperaturas suaves durante toda a xornada. Non obstante, o Concello xa planifica outra nova saída nos meses de primavera, da que informará puntualmente nos boletíns de actividades e a través desta mesma páxina web.

A galería de imaxes desta saída está dispoñible premendo aquí.

Fomento do sendeirismo cunha ruta propia homologada
Esta saída enmárcase nas iniciativas do Concello de Mesía para promover o exercicio físico e os hábitos e vida saudables, entre os que a práctica do sendeirismo constitúe unha das mellores alternativas para todos os grupos de idade, xa que permite adaptarse aos ritmos de cadaquén e non require habilidades especiais.

Ademais das saídas periódicas por toda Galicia, o Concello fomenta a práctica desta actividade coa creación dunha ruta de sendeirismo no propio termo municipal. Trátase da ruta "Da Fraga aos Muíños", homologada pola Federación Galega de Montañismo co código PR-G 117 e incluída por TurGalicia no seu catálogo de recursos turísticos para camiñantes.

A ruta, que percorre as parroquias de Visantoña e de Olas cunha lonxitude duns 14 quilómetros, conforma unha boa mostra do patrimonio natural e paisaxístico do municipio. E ademais puxo en valor o patrimonio histórico e etnográfico, coa restauración de catro muíños en todo o traxecto.

Ademais, nela aplícanse as novas tecnoloxías, xa que desde hai uns meses está dispoñible para ser descargada de forma gratuíta aos chamados teléfonos móbiles intelixentes.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador