VÍCTOR CARREIRA E MARCELINO PENA GAÑAN A FINAL DO TORNEO DE PÁDEL DO CONCELLO DE MESÍA DISPUTADA O PASADO VENRES
21-11-2011.- Este pasado venres 18 disputouse a final do I Torneo de Pádel Concello de Mesía, na pista municipal situada en Cabrui. Despois de varios aprazamentos por mor de lesións e do mal tempo, puidose xogar o partido, aínda que a meteoroloxía non fose completamente idónea.
O resultado é que a parella composta por Víctor Carreira e Marcelino Pena, de Arzúa, gañáronlle por 6-2 e por 6-4 á parella de Mesía integrada por Miguel Rodríguez (de Visantoña) e Manuel Bermúdez (de Boado).
O encontro disputouse ao mellor de dous sets. Os de Mesía estiveron a punto de remontar no derradeiro deles, pero os arzuáns non llelo permitiron.
A concelleira Pilar Sánchez Ulloa acudiu á entrega dos trofeos, consistentes nun dos orixinais zocos de barro cos que o Concello premia aos gañadores das súas competicións deportivas. Sánchez Ulloa agradeceu a participación que rexistrou o torneo nesta primeira edición e destacou o bo nivel de xogo observado.
O torneo contou coa colaboración de Coca-Cola.
A galería de imaxes da entrega de trofeos do torneo está dispoñible aquí.