Mércores - 30.Maio.2012

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Organización do Goberno Organización do Goberno
Sesións Plenarias
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Bandos
Calendario Calendario 2012
Teléfonos de Interese Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Asociacións Asociacións
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotografías das actividades municipais Galería de fotos das actividades municipais
PXOM
AS BRAÑAS DA VALGA
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUÍÑOS
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
SMeSía - MESÍA NO TEU MÓBIL
ASDECOMOR
LIGAZÓNS
correo@concellodemesia.es
Estás en: NOTICIAS



XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS POR NACEMENTO, ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO DE 2010

recomendar o contido a un amigo

14-05-2010.- O Concello de Mesía acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a súa convocatoria de axudas municipais por nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento durante o ano 2010, coas que o goberno municipal persegue proporcionarlles un apoio económico ás familias nas que se produzan estas situacións. As solicitudes poden presentarse desde este 14 de maio ata o 31 de decembro.

A contía da axuda é de 300 euros por cada nacemento, adopción ou acollemento que se produza entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010. As unidades familiares que aspiren a ser beneficiarias desta axuda deben ter fixada a súa residencia habitual no termo municipal. Ademais, cando menos un dos pais debe estar inscrito no rexistro do padrón municipal de habitantes cunha antigüidade mínima e ininterrompida de dous anos, que contan desde a data en que se presente a solicitude. Do mesmo xeito, os beneficiarios da axuda (pai, nai e fillo/a) están obrigados a permanecer empadroados en Mesía durante dous anos. Do contrario, terán que devolver o importe da axuda.

As bases tamén establecen que, en caso de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai ou a nai que teña a custodia dos fillos. Tamén se fixa que non poderán recibir a axuda municipal persoas privadas da patria potestade dos seus fillos ou coa tutela ou garda dos menores asumida por unha institución pública.

Outra condición é que os solicitantes non teñan débedas co concello, aspecto que comprobará a administración municipal de oficio.

A solicitude terá que ir acompañada da fotocopia compulsada do DNI do solicitante, do certificado de empadronamento de polo menos un dos dous cónxuxes, da copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador nos casos pertinentes, do certificado que acredite a condición de titor do menor nos casos pertinentes, e do certificado do rexistro civil onde conste o novo nacemento, fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción ou da resolución administrativa de acollemento, segundo os casos. En todos os casos, incorporaranse os datos bancarios do solicitante para que a administración poida efectuar o pago.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mesía será o encargado de comprobar que as solicitudes cumpran as condicións fixadas. Despois, proporalle á Alcaldía a concesión ou denegación da axuda de acordo coas bases, que tamén lembran que se trata dunha axuda compatible coas establecidas por outras administracións públicas.

Se quere acceder ao texto íntegro e exacto da convocatoria municipal publicado no BOP, faga clic aquí.

Por outra parte, no departamento de Servizos Sociais tamén se tramita a prestación autonómica por fillos menores de tres anos a cargo dos beneficiarios. É de 360 euros e pode solicitarse ata o 18 de xuño. Se quere obter máis información, acceda ao bando municipal sobre esta prestación.

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v.03.01:0,053
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador