Sábado - 31.Xullo.2010

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Concellarías Concellarías
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Teléfonos de Interés Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Newsletter Newsletter
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Asociacións Asociacións
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Bandos
Sesións plenarias
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotos das actividades municipais
LIGAZÓNS
AS BRAÑAS DA VALGA
MESÍA NO TEU MÓBIL
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR)
correo@concellodemesia.es
Estás en: MESÍA > Persoeiros



Antonio Bieito Fandiño Martínez

recomendar o contido a un amigo

Categoría: xornalista e escritor
Data e lugar de nacemento: 1779 en Santa María do Camiño de Santiago
Data e lugar de falecemento: descoñecido

Naceu en Santiago cara ao 1770 segundo Moreno Astray e Pérez Cosanti. Murguía e Martínez Salazar, pola súa parte, considérano natural de Santa Mariña de Albixoi sendo 1779 o ano de nacemento.

Despois de cursar parte dos estudos de Teoloxía comezou como escritor político en folletos e follas soltas transmitindo as súas ideas liberais.

Casou en 1802 e tivo un fillo.

En 1809 foille encomendado o cargo de regresor do bandoleirismo e o descontento das autoridades pola súa actividade levouno ao cárcere ao ano seguinte. Comezaba así unha serie de encarceramentos que durarían toda a súa vida.

Nos períodos de liberdade colaboraba nos xornais de ideoloxía liberal, en moitas ocasións con ataques contra os xuíces, os representantes da igrexa e o poder en xeral.

En 1820 publica "Heráclito Español y Demcrático Gallego", publicación pola que foi denunciado en varias ocasións e que o levou ao cárcere no 1823. Condenárono aos presidios de África no 1831.

A última noticia que se ten de Antonio Bieito Fandiño é no ano 1832 cando fai testamento no cárcere da Coruña.
 

OBRAS

En 1812, compuxo a Casamenteira, obra que forma parte da nosa literatura por ser a primeira peza dramática do século XIX que se conserva.

O resto da súa produción en galego é un conxunto de tres composicións incluídas en Villancico que en la Nochebuena de 1812 cantaron los preseos de la cárcel pública de Santiago e a carta Respuesta a T.C.M.B. articulista en el "Observador Constitucional" de esta ciudad del viernes 26 de corriente, escrita en xullo de 1820.

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v01.92:0.06
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador