Sábado - 31.Xullo.2010

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Concellarías Concellarías
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Teléfonos de Interés Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Newsletter Newsletter
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Asociacións Asociacións
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Bandos
Sesións plenarias
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotos das actividades municipais
LIGAZÓNS
AS BRAÑAS DA VALGA
MESÍA NO TEU MÓBIL
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR)
correo@concellodemesia.es
Estás en: MESÍA > Persoeiros



Antonio Gómez Carneiro

recomendar o contido a un amigo

ANTONIO GÓMEZ CARNEIRO

Ano e lugar de nacemento: 1900 no Pino - A Coruña
Ano e lugar de falecemento: 1979 en Mesía - A Coruña

Antonio Gómez Carneiro naceu en Lardeiros, Concello do Pino, provincia da Coruña no seo dunha familia modesta.

De mozo emigrou a Arxentina onde casou con Encarnación Gómez Gómez, natural de Mesía.
Non tendo sorte no estranxeiro, o matrimonio regresou a Galicia e instalouse no lugar de Mesía denominado A Berxa. Alí comezaron a traballar cun muíño de maquía.

Durante a República, Antonio Gómez foi nomeado alcalde de Mesía e traballou forte para solucionar todos os problemas que se presentaban no concello. No ano 1936 foi perseguido polo bando nacional e tivo que abandonar todo: concello, muíño e familia.

Permaneceu durante seis anos refuxiado nun zulo soterrado baixo unha casa na parroquia de Gonzar do Concello  do Pino. Non saía de alí agás nalgunha ocasión na que se disfrazaba para que non o recoñeceran. A dona da casa dáballe de comer, corendo o  risco de que o descubriran.

Mentres el permanecía escondido, a súa muller tiña que presentarse todos os xoves do ano no cuartel da Garda Civil de Curtis onde a retiñan horas e horas para que dixera onde estaba o seu home, deixando os seus fillos ao coidado dos veciños.

Un día Antonio Gómez entregouse ás autoridades dicindo " Ni maté, ni mandé matar a nadie, ni robé, por lo que no considero tener delito alguno más que un idealismo, como muchos otros españoles de esta época: ser republicano".

Preso no cárcere da Coruña durante anos regresou á Berxa xunto á súa muller e aos seus nove fillos.

Nesa zona vivía a cuadrilla de Foucellas e A Berxa convertiuse no lugar de escondite do popular bandoleiro.
Antonio Gómez é detido novamente por ser encubridor desta cuadrilla e levárono ao cárcere da Coruña e logo á de Santander.

Nunha nota manuscrita do seu puño e letra do 23 de abril de 1947 relataba como lle arrincaran as unllas dos pés, lle romperan varias costelas e o tiveran días e días sen comer.

Sete anos pasou nos centros penitenciarios e volveu á Berxa no ano 1953.

Arroupado pola súa familia seguiu traballando co muíño, foi tratante de madeira e foi impulsor da concentración parcelaria en Mesía. Loitou tamén por conseguir unha turbina para dar luz a varios lugares da zona.

Morreu en 1979 no medio dunha grande manisfestación de dor.


 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v01.92:0.07
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador