Sábado - 31.Xullo.2010

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Concellarías Concellarías
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Teléfonos de Interés Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Newsletter Newsletter
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Asociacións Asociacións
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Bandos
Sesións plenarias
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotos das actividades municipais
LIGAZÓNS
AS BRAÑAS DA VALGA
MESÍA NO TEU MÓBIL
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR)
correo@concellodemesia.es
Estás en: MESÍA > Persoeiros



Felipe Armesto

recomendar o contido a un amigo

felipearmesto.jpg

Categoría:
xornalista e escritor
Data e lugar de nacemento: 20 de abril de 1906 en San Martiño da Mezquita (Ourense)
Data e lugar de falecemento: 2 de febreiro de 2002 en Xanceda - Mesía (A Coruña)



Felipe Fernández Armesto respondía ao pseudónimo de Augusto Assía.

Comezou a súa carreira literaria en Santiago de Compostela, onde estudou Filosofía e Letras. A súa primeira publicación, escrita en galego, foi a novela “Xelo o salvaxe” (1925) pero axiña abandonou a literatura para dedicarse ao xornalismo.

En Santiago dirixiu a páxina universitaria do xornal "El Pueblo Gallego". Máis tarde, trasladouse a París para asistir a un curso de Historia en La Sorbona e logo a Berlín onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade. En 1929 comezou a traballar como correspondente de “La Vanguardia”.

Dende entón, a súa vida estivo ligada aos conflitos e aos focos informativos máis importantes do mundo. Viviu en primeira liña o ascenso do nazismo na Alemaña da República de Weimar e dos anos 30, e dende Londres contou as noticias da II Guerra Mundial (por casualidade chegou a Londres o mesmo día no que se iniciou o conflito).

Exerceu de correspondente en Alemaña, Londres, Bonn e Wasghinton onde compartiu este labor co de agregado de prensa na Embaixada Española. Ademais da súa colaboración cos xornais mencionados anteriormente tamén colaborou noutros como “Informaciones”, “ABC”, “El Sol” e a revista “Nueva España”.

En 1986, logo de vagar polo mundo en busca de noticias durante 58 anos, decidiu mudar as capitais de numerosos países do mundo, pola súa "Casa Grande de Xanceda", fogar sito nunha leira que mercou para dedicar á explotación gandeira. Dende entón compartiu a súa casa coa súa muller, a escritora, historiadora e política María Victoria Fernández España, coa que casou en 1950.

Os seus últimos momentos pasounos con numerosas personalidades de diferentes ámbitos que compartiron almorzos na súa casa de Xanceda e coas que lembraba, cunha memoria extraordinaria, as numerosas anécdotas que aconteceran na súa vida.


OBRAS

O seu único libro en galego é Xelo o salvaxe (1926), unha novela curta publicada dentro da Colección Lar. En castelán publicou varios libros con compilacións dos seus artigos xornalísticos, biografías e libros de viaxes como Antes de Colón: exploración y colonización desde el Mediterráneo hacia el Atlántico, 1229-1492 (1993), Colón (1992), Millennium (1995) e La traición como arte (1955).


RECOÑECEMENTOS

Augusto Assía recibiu varios premios e condecoracións que quixeron acentuar o seu labor ao longo da súa vida. Obtivo os premios Godó e Fernández Latorre de Xornalismo e o Galicia de Comunicación (2000), así como a medalla do Rei de Inglaterra e o título de oficial da Orde do Imperio Británico. A Xunta otorgoulle a Medalla Castelao en 1990. A máis recente distinción foi a que lle concedeu no 2001 a Asociación de Periodistas de Galicia.
 

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v01.92:0.06
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador