Sábado - 31.Xullo.2010

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Concellarías Concellarías
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Teléfonos de Interés Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Newsletter Newsletter
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Asociacións Asociacións
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Bandos
Sesións plenarias
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotos das actividades municipais
LIGAZÓNS
AS BRAÑAS DA VALGA
MESÍA NO TEU MÓBIL
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR)
correo@concellodemesia.es
Estás en: MESÍA > Persoeiros



Unha Santa en Mesía

recomendar o contido a un amigo

A Nai María Clara del Niño Jesús foi en realidade Liébana del Carman Galvao Mexía de Moura Telles y Alburquerque quen, como o seu propio apelido indica, remonta as súas orixes xenealóxicas ao concello de Mesía. De aquí foron seguramente os seus avós, concretamente da torre-fortaleza de Mesía.

A orixe de todos os Mesía ou Mexía está neste lugar da comarca de Ordes, segundo explican os membros da Asociación Cultural Obradoiro da Historia. A Enciclopedia Galega recoñece este apelido ( Messía, Mexia e Mejía) como antigo de Mesía, con primitivo solar neste municipio.

Precisamente tras estes antecedentes acercouse a Mesía dende Lisboa a irmá María José Feijoo durante o proceso de recopilación de datos sobre a vida e obra da Nai María Clara, información que pasou a englobar o expediente que esperaba no Vaticano a luz verde do entón Papa Juan Pablo II para a súa canonización.

As 2000 relixiosas que a súa congregación, Las Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción, ten repartidas por todo o mundo dende 1883, mantíñanse no 1999, con especial fe e devoción posto que era o ano en que se cumpría o centenario da morte da fundadora, a expectativa do milagro necesario para que a Nai María Clara sexa declarada Santa oficialmente e beata, é dicir, digna de culto. Este proceso iniciarase 4 anos antes en Portugal, atopándose no 1999 no seu punto final.

Liébana del Carmen Galvao foi e é coñecida polas súas actitudes caritativas e obras sociais cos máis necesitados, que a levaron a fundar unha congregación co fin de atender aos máis necesitados en colexios, garderías infantís, asistencia a minusválidos, cociña económica... incluso é coñecida como a Irmá dos Pobres.
 

MariaClarap.jpg
Aínda que con antecedentes coruñeses, a Nai María Clara naceu, en xuño de 1843, na Finca del Bosque-Amadora, cerca de Lisboa (Portugal), onde residían os seus pais Nuno Tomás de Mascareñas Galvao Mexía e María Purificación de Sa Ferreira, co resto da súa nobre familia. Con poucos anos afronta a morte do seu irmán pequeno e pouco despois a da súa nai e, por causa da peste, a do seu pai. Decidida a entregarse á vida relixiosa, tras desenvolverse como novicia en Calais (Francia) , regresa a Portugal onde funda en 1871 a Congregación de las Hermanas Hospitalarias de los Pobres por Amor de Dios, que sería despois Hospitalarias Portuguesas e as actuais Franciscanas Hospitalarias.


Liébana del Carmen Galvao falece en Lisboa aos 56 anos tras unha longa enfermidade. Aseguran que durou tres días a peregrinación dos centos de fieles, sobre todo dos seus pobres, que quixeron darlle o último adeus.

O proceso de recopilación sobre a vida da relixiosa non foi nada fácil xa que se viu dificultada pola destrución de numerosos documentos a causa da revolución lusa de 1910. No estudo, as relixiosas franciscanas atoparon membros da súa familia actual en Portugal e non descartan que tamén exista descendencia no noso municipio.

No verán do 1998 houbo un intento de compra da Torre-Fortaleza por uns descendentes portugueses dos antigos propietarios ao que se negou o Concello, que non desexaba perder un patrimonio tan emblemático.

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v01.92:0.06
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador