Sábado - 31.Xullo.2010

NOTICIAS
CONCELLO
Corporación Municipal Corporación Municipal
Concellarías Concellarías
Departamentos Técnicos Departamentos Técnicos
Normativa Municipal Normativa Municipal
Impresos Oficiais Impresos Oficiais
Teléfonos de Interés Teléfonos de Interese
Contacto Contacto
Newsletter Newsletter
Equipamento Municipal Equipamento Municipal
Asociacións Asociacións
Perfil do Contratante Perfil do Contratante
Bandos
Sesións plenarias
MESÍA
Localización Situación
Medio Humano, Demografía Demografía e Economía
Historia Historia
Parroquias Parroquias
Arquitectura Civil e Relixiosa Arquitectura
Turismo Rural Turismo Rural
Festas Festas
Camiño de Santiago Camiño Inglés
Persoeiros Persoeiros
Galería de fotos Galería de fotos
Galería de fotos das actividades municipais
LIGAZÓNS
AS BRAÑAS DA VALGA
MESÍA NO TEU MÓBIL
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR)
correo@concellodemesia.es



PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL

recomendar o contido a un amigo

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL DO CONCELLO DE MESÍA

 

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral (PIC)

 

a) Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos (todos os datos catastrais, agás titularidade e valor) e de cartografía dixital.

 

Todos poderán consultar libremente os datos non protexidos sobre os bens inmobles incorporados á Base de Datos Nacional do Catastro. Así mesmo, poderá solicitarse certificación electrónica sobre eles, sen que sexa esixible formalidade algunha para recibir o dito servizo.

 

b) Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos catastrais protexidos, relativo á inmobles da súa titularidade.

 

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

 

A falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non pode ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia do Catastro, a cal o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

 

c) Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral na Base de Datos Nacional do Catastro, relativa ao propio solicitante.

 

Non poderán atenderse no PIC as solicitudes de datos de persoas falecidas aínda que o soliciten, acreditándoo, os seus herdeiros ou sucesores nin os datos de arrendadores, aínda que o soliciten os arrendatarios (salvo autorización do titular catastral). Nestes supostos só poden obter a información relativa a datos protexidos na Xerencia de Catastro, acreditando interese lexítimo e directo.

 

Requisitos

 

1. Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.

2.  Ser titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

 

Documentación

 

-Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.

-Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.

 

Formulario solicitude titular.pdf

 

Formulario solicitude representante.pdf

 

Modelo autorizacion.pdf

 

 

 

ir arriba

· Web Oficial do Concello de Mesía. · Xanceda s/n. 15685 - Mesia. A Coruña. Tlf: 981 687001. Fax: 981 687069
v01.92:0.06
GestionMax
Novas   Política privacidade   Aviso legal   Buscador